Ida unha película en branco e negro



Mañá mércores 26 de Marzo é o día elixido para ver "Ida", a longametraxe de Pawlikowski que obtivo o Premio Principado de Asturias no Festival Internacional de Cine de Gijón,  ao mellor longametraxe, o Premio ao mellor guión, o  Premio 'Gil Parrondo' á mellor  Dirección Artística e o  Premio á mellor Actriz para a súa protagonista, Agata Kulesza. (fonte europapress)

Podedes ler  críticas da película en:
Nos quedaremos a comer no centro para poder ter unha sesión de cine á hora de xantar, por cortesía de Caramel Films, que nos permite realizar unha preestrea no centro. Como bos cinéfilos no nos importa algunha que outra comodidade con tal de ver unha boa película, e non imos perder esta oportunidade. O alumnado de Historia e Cultura das relixións e os membros do Club de Lectura cinematográfica  iremos contando as nosas impresións, pero todos os que vaiades ver Ida ao cine podedes deixar os vosos comentarios a pé de entrada.


Ida  preséntase en branco e negro. Estamos tan acostumados á cor no cine que unha película en branco e negro déixanos, hoxe por hoxe, abraiados, sorprendido e fainos  prestar unha atención que a cor xa non consegue.
Ida, de Pawel Pawlikowski, 2013
 O cine comezou traballando en branco e negro, non por elección, senón por necesidade. Non existía por aqueles anos tecnoloxía desenvolta para a cor. Hoxe si. As novas técnicas dixitais conseguen hoxe usos da cor e da luz incribles. Por qué entón hoxe unha película en branco e negro?

Non é, desde logo, a primeira e o cartel da película coas letras en vermello recórdanos a máxica escena de   A lista de Schindler (Spielberg 1993) na que se mestura o branco e o negro con algúns toques de cor, como o vertido vermello dunha nena ou a chama dunha vela, que nos fan pensar no perigo que corren os inocentes, inconscientes da súa sorte e converten ao espectador en omnisciente. 

O branco e o negro permite, moito máis que a cor, poñer o énfase no papel das sombras e da iluminación. Sen luz non hai cine. A iluminación crea a atmosfera dunha película, achéganos datos sobre a psicoloxía das personaxes, envellece ou rexuvenece. Por iso un filme en branco e negro anímanos a reflexionar mais sobre todos estes aspectos. Pídenos que nos esquezamos do accesorio, do contexto, do trivial e que nos concretemos na fundamental, na esencia, nas personaxes e usemos a nosa imaxinación para recrear o escenario e traelo á vida. 

Qué opinas ti do uso do branco e negro na película? Qué efecto consegue causar no espectador? Quizais tiveras preferido a cor?
 

Para seguir afondando nestes temas e repasar algunhas das películas en branco e negro mais famosas de tódolos tempos deixamos algúns enlaces:




3 comentarios:

  1. Muchísimas gracias por esta emoción compartida de estrenar una película en la semana en la que todos los medios de comunicación hablan de ella ...pero ¡no la han estrenado todavía!!!!

    El viernes, las salas comerciales de algunas ciudades la tendrán en sus pantallas pero , nosotros, con vuestra ayuda, la tendremos en las aulas.

    Educación y cultura de todos y para todos.

    ResponderEliminar
  2. Según o meu punto de vista , o cine en branco é negro non é para todas as películas ,con esto quero dicir que non en tódolos fimes se consiguiría o mesmo efecto , pero nesta en concreto sí ; xa que é unha película tráxica , con moito misterio e esta cor consegue proporcionarlle máis intriga. Ao mesmo tempo o xogo de sombras é luces funciona moi ben .
    Se a película tivera unha gama de cores non causaría a mesma impresión , xa que non lle transmitirá o mesmo a os espectadores. Aínda así, existen moitas gamas entre o blanco e o negro , que seven para darlle distintos matices e uns efectos que solo este método pode proporporcionarlle.
    Lucía García García 4 ºA

    ResponderEliminar