O home que buscaba un planeta foi tomado por un Deus. Pero, coma todos os deuses morreu a mans de homes, sen que nin o rei puidera facer algo para evitalo. A súa xesta foi tan importante que se conservou nunha ventá transparente na que se podía percibir a súa imaxe. Non atopou un planeta, pero foi o primeiro en ver un animal estrano que levaba á súa cria, xa nacida, no seu interior. Tamén observou un estrano exército acuático que aínda podemos observar na actualidade.
En que ventá podíamos ver a esta personaxe? Que animal veu? Onde estaba? Quen era? A que exército se refería?
Dende o principio o enigma fíxome sospeitar que estamos a falar de James Cook. Este home, un grande navegante e explorador de orixe británico, destacou por ser o primeiro en mapas precisos das illas e mares do pacífico. Una das súas ideas mási orixinais e intelixentes foi a de levar cítricos abordo do barco apra evitar que a súa tripulación morrese de escorbuto, moi frecuente naquela época. Desta maneira consegui chegar ata Tahití coa tripulación completa, todo un logro, onde os tahitianos chamáronno "o home que busca un planeta".
ResponderEliminarFoi tomado por un Deus polos hawaianos, pois a súa visitaao arquipélago en 1779 coincidiu co Makahiki, un festival de agricultura en honra do deus polinesio Lono. A forma do seu barco e as velas, xunto coa ruta seguida arredor da illa viaxando no sentido do reloxo, coincidían cos ritos do festival a Lono, polo que algúns isleños creron que Cook era o mesmo Lono.
Cook morreu nun ataque indíxena ao seu barco, a pesares de que o rei Luis XVI intentara protexendo emitindo unha orde no que decía que "debía ser tratado como un comandante", sen embargo cando o rei redactou a mensaxe Cook xa estaba morto.
ResponderEliminarO estrano exército acuático podería ser o arrecife de coral no que quedou apresado o barco por algún tempo.
O animal é o caguro, Cook foi o primeiro europeo en divisalo.