Enigma 11



Un comentario, publicado nun periódico inglés, entusiasmou de tal forma á nosa protagonista que resolveu emprender unha serie de longas viaxes para poder ver o fenómeno, obxecto do artigo.


En relación a esta busca, e ao fenómeno a estudiar, un gran poeta e naturalista alemán do século XVIII, realizou un experimento que, segundo el facía falsa a teoría de Newton ao respecto, e tentou escribir unha nova ciencia. Coma sempre, a ciencia pon as cousas no seu lugar, e a investigación e descrición do fenómeno interesou a astrónomos de todas as nacionalidades. Destaca un ruso que nos deu as pistas necesarias para poder observalo.

De que fenómeno se trata? Cal é o nome da nosa protagonista? Quenes son o poeta e o científico?

2 comentarios:

  1. Trátase do "raio verde", un fenómeno óptico que se produce baixo determinadas condicións atmosféricas, cando o sol ocúltase sobre unha superficie chá como o mar; os últimos raios quedan moi refractados pola atmósfera de maniera que só observamos raios de cor verde e amarela, xusto no momento no que se oculta o Sol pódese ver un raio de cor verde.
    O fenómeno da nome a unha novela de Julio Verne na que os personaxes inician a búsqueda do raio verde para casar a protagonista Elena Campbell, xa que a lenda di que dúas persoas que o vexan á vez enamóranse.

    ResponderEliminar
  2. O poeta e naturalista que desmentiu a Newton foi Goethe. Mentres o científico inglés propuña unha teoria das cores segundo a cal a luz natural estaba formada por seis cores que, ao incidir sobre un elemento, este absorbe algunhas cores e reflicte outras.
    Goethe cria que as cores eran verdadeiras ideas, era pois un neoplatónico. As cores son entón "símbolos" do que suceden na nosa alma, e divídense en positivos ou activos e negativos ou pasivos.

    ResponderEliminar