"Die Eule der Minerva beginnt erst mit der einbrechenden Dämmerung ihren Flug." Hegel, 1993: 61 (A curuxa de Minerva ergue o seu voo ao anoitecer)
A curuxa é, dende a célebre cita do filósofo Hegel, o símbolo da sabedoría filosófica.
O animal da deusa grega Atenea, tiña como ela os ollos penetrantes, brilantes e grises (garzos). A curuxa, animal nocturno, ve na penumbra, pero como o filósofo, faino despois de que o día remata, cando xa todo está consumado. Así a filosofía é comprensión e non anticipación, é revisión e non predicción para o futuro. Parece que foi un erro por parte de Hegel, ao usar o termo xenérico "eule" para referirse á ave rapaz que acompañaba á deusa Atenea (a Minerva romana) o que transformou o "curuxa" nun "bufo". (Eule, rapaz nocturana en xeral, fronte a Steinkauz, mochuelo ou curuxa)
Para Platón a deusa Atenea tivo un antecedente nos deuses exipcios. A deusa Libia Neith, á que se adoraba en Saïs.(Platón, Timeo 21e.) Nesa tradición as mozas que que querían ser sacerdotisas da deusa libraban un combate armado. Herodoto recolle esta tradición e no seu relato sobre a orixe de Atenea. Atenea está representada por unha figura armada con todos os atributos dun guerreiro. O seu mito recolle tanto unha función civilizadora (constructora da cidade e protectora da agricultra e a sociedade), coma unha función defensora que a fai guerreira nos momentos nos que se precisa defender a cidade dos ateques exteriores.
Algúns estudiosos, como Harrison (1903), afirman que a pluralidade de interpretacións sobre a orixe da deusa grega Atenea, son un intento de xustificar a organización social patriarcal fronte ao matriarcado. Por iso a mitoloxía grega fai nacer a Atenea da cabeza de Zeus (por iso é a deusa da sabedoría). A confusión de Hegel, puidera non ser tan casual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario