De volta cos enigmas 3.

Ilusións, infinitos e soños.
Escaleiras infinitas  que conseguen unha arquitectura que fai posible ir á orixe das ideas. Nun bucle sen fin, as personaxes pérdense  nun mundo no que o movemento perpetuo é posible.  O coñecemento está cheo de camiños que se perden  no infinito e máis aló. A ciencia, o arte e o infinito xúntase para amosar que a música, as matemáticas e a arte comparten o interese por eses bucles do pensamento cos que o noso cerebro nos engana, e non só no mundo onírico. A realidade sinte un desexo absurdo de irrealidade. 
Ónde podemos atopar a escaleira da que falamos? Qué relación gardan a música de Bach, as matemáticas de Gödel  e os debuxos de Escher coas escaleiras infinitas e a irrealidade? Porque é absurdo o desexo de irrealidade? Quén afirmou tal cousa?
Pista: as personaxes están nunha película ¿Cal é?

2 comentarios:

  1. As escaleiras das que estamos a falar son obra do artista holandés M.C.Escher e podemos atopalas nos efectos ópticos creados polo mesmo autor. Moitos arquitectos inspiráronse nelas para facer os seus deseños. A relación entre a música de Bach, as matemáticas de Gödel e os debuxos de Escher atopámola no libro “Gödel, Escher e Bach, Un eterno e grácil bucle” de Douglas Hofstadter. A afirmación da que a realidade sinte un desexo absurdo de irrealidade é realizada por Robert Musil, un escritor austríaco.
    Este enigma foi moito máis complicado ca os anteriores e, polo tanto, a búsqueda da información levoume moito máis tempo. A primeira cousa que comecei a procurar foi a relación entre Bach, Escher e Gödel, e pronto atopei o libro no que aparece dita comparación. Dende este punto foi máis doado localizar as infinitas escaleiras de Escher e os seus xogos ópticos. Hachar a frase de Rober Musil sobre o desexo absurdo da irrealidade foi, quizais, o máis complicado.

    ResponderEliminar
  2. As escaleiras das que estamos a falar son obra do artista holandés M.C.Escher e podemos atopalas nos efectos ópticos creados polo mesmo autor ao mesmo tempo que na película “Origen”; pista que atopamos cando nos di que fala de soños, dun mundo irreal pero non necesariamente debuxado. Moitos arquitectos inspiráronse nelas para facer os seus deseños. A relación entre a música de Bach, as matemáticas de Gödel e os debuxos de Escher atopámola no libro “Gödel, Escher e Bach, Un eterno e grácil bucle” de Douglas Hofstadter. A afirmación da que a realidade sinte un desexo absurdo de irrealidade é realizada por Robert Musil, un escritor austríaco.