De voltas cos enigmas3. A solución???

Ilusións  e paradoxos: O cerebro engananos.
Dícia Aute, parafraseando a Calderón de la Barca, que "todo na vida é cine, e o soños, cine son". O cine recorreu en moitas ocasións ás ilusións ópticas como parte do seu argumento. O propio cine é unha ilusión óptica, así que resulta estrano que unha ilusión reflexione sobre as ilusións. Pero todo no pensamento humano é bastante estrano. As ilusións ópticas fannos reflexionar sobre o límites da nosa percepción da realidade. Os paradoxos, como a famosa "escaleira de Penrose", recreada moitas veces nos debuxos de Escher, e volta a usar para recrear o mundo onírico de Incept (Origen), constitúe un reto para o noso cerebro. A nosa mente desfaise do paradoxo fixando unha liña divisoria entre o que pode ser real e o que non. Sen embargo, tanto nas matemáticas coma na música, os bucles imposibles están presentes amosándonos os límites do noso coñecemento. O libro Gödel, Escher, Bach: Un Eterno e Grácil Bucle, aborda o tema da autoreferencia e os algoritmos recursivos que están na base de todos os paradoxos, relacionando as matemáticas, o debuxo e a música, a través dos bucles que orixina esa autoreferencia. Semella que Rober Mussil atinou na súa obra O home sen atributos ao adxudicarlle á realidade  a mesma paixón pola autoreferencialidade. Vexáse senón o ADN do cangrexo, unha vez trancripto:
…TTTTTTTTTCGAAAAAAAAA…  

…AAAAAAAAAGCTTTTTTTTT…
http://www.sinewton.org/numeros/numeros/64/historia_02.php

A moderna neurobioloxía está demostrando que o noso cerebro nos engana. Como nos engana o cerebro e por qué o fai? Iso é o que se trata no seguinte documental. O papel do esquecemento no coñecemento, a coherencia a calquera prezo, a línea temporal finxida... Todo para sobrevivir.
Como podemos estar seguros entón do noso coñecemento? A realidade é unha ilusión? Ti qué opinas?


No hay comentarios:

Publicar un comentario