De seguro que a nosa personaxe era Nicolás Copernico. A súa importancia histórica é innegable. Foi o punto de partida da Nova Ciencia que xurde no Renacemento e deu lugar a un novo paradigma na visión do mundo. O termo "paradigma" foi usado en diferentes contextos. En orixe era un termo lingüístico, formulado por Saussure, para referirse a elementos da linguaxe con características comúns. Pero, o seu significado máis famosos remítenos a Tomas Khun. Na súa obra "A estrutura das Revolucións científicas" Khun afirma:
"Considero aos paradigmas como realizacións científicas universalmente recoñecidas que, durante certo tempo, proporcionan modelos de problemas e solucións a unha comunidade científica".
Copernico, segundo esta definición, non elaborou un novo paradigma, pero a súa creatividade foi a que impulsou que este novo paradigma comezara a fraguarse. Como se lle ocorriu esta nova forma de ver os movementos dos planetas e a situación da Terra no Universo? A resposta hai que atopala no potencial creativo da súa intelixencia.
Copérnico creía que as órbitas dos planetas serían máis simples e sinxelas se se estableceran ao redor do Sol e non da Terra. Pero esta idea non xurdiu dun cálculo matemático, senón dun alto da imaxinación. Copernico escribe na súa obra "De Revolucionibus Orbium": “A Terra concíbese desde o sol, e o sol rexe as estrelas".
Por suposto a visión de Copernico non xorde no baleiro. Outros antes ca el tiñan pensado esta visión do mundo e a visión do Sol de Copernico está en débeda coa visión renacentista do Sol. Mentre viviu en Ferrara, coñecu a Celio Calgagnini autor do tratado Da mobilidade do ceo e a mobilidade da Terra, e propio Copernico acepta a súa influenza. Tamén temos que recordar outros xenios creativos da súa época como Leonardo da Vinci, para o que o Sol estaba inmóbil no centro do Universo, tal é como podemos ler nos seus apuntamentos.
Iso non resta valor á proposta de Copernico, só lle da fundamento. O proceso creativo ten sempre unhas fontes pero, o seu valor radica en lograr que unha idea fructifique dando lugar a unha nova visión do mundo. Nesta labor invertiu Copernico case 30 anos, pero todo partiu, coma sempre dunha pregunta.
Como todas as demais facetas do pensamento humano, a construcción do coñecemento científico é posible porque os seres humanos somos capaces de romper coas explicacións tradicionais e propoñernos ver as cousas desde outro ángulo. Nesta tarefa interveñen casualidade, contextos sociais e tamén características individuais (intelectuais e físicas). Ningún destes factores explica por si só a creatividade. Precisánse todos.
Esta muy bien el blog, no lo conocía hasta ahora, me pasaré más a menudo a leerlo. Aprovecho para felicitarte el 2012, un saludo!!
ResponderEliminar